De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda de solicitudes ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar, por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer, para teren coñecemento do contido íntegro dos actos e dos seus expedientes, e advírteselles que, de non o faceren, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia ou a través do vencemento do prazo indicado para comparecer sen ter realizado a emenda, se considerarán desistidas das súas solicitudes logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A Coruña, 3 de outubro de 2022
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS618D
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
15047000222E |
32840013S |
Requirimento emenda da solicitude |
7.7.2022 |
15078014122E |
55349390M |
Requirimento emenda da solicitude |
19.7.2022 |
15078015622E |
Y7746905J |
Requirimento emenda da solicitude |
29.7.2022 |
15054002122E |
32708378D |
Requirimento emenda da solicitude |
15.7.2022 |
15005004522E |
Y9545008E |
Requirimento emenda da solicitude |
22.7.2022 |