Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 56791

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR349L).

Advertido erro na citada Orde dp 3 de outubro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 196, do venres 14 de outubro de 2022, cómpre efectuar as seguintes correccións para incorporar novas especialidades formativas que se omitiron: SEAG0109: Interpretación e educación ambiental; SEAG0209: Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais; SSCB0109: Dinamización comunitaria; SSCB0110: Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais; SSCB0209: Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil; SSCB0211: Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil; SSCS0208: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

O anexo II, na páxina 54876, queda entón do seguinte xeito:

ANEXO II

Especialidades formativas de certificados de profesionalidade

TR349L-Incentivos á contratación de persoas mozas no marco do programa operativo de emprego xuvenil

Código certificado

Descrición da especialidade
formativa

Nivel do certificado

Ocupacións máis relevantes relacionadas coa especialidade formativa do certificado

ADGG0508

Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos

1

Operador/a gravador/a de datos en computador. Auxiliar de oficina. Auxiliar de arquivo. Operador/a documental. Auxiliar de dixitalización.

AFDA0211

Animación físico-deportiva e recreativa

3

Animador/a físico-deportivo e recreativo. Coordinador/a de actividades de animación deportiva. Monitor/a de actividades físico-deportivas e recreativas en campamentos.

AFDA0210

Acondicionamento físico en sala de adestramento polivalente

3

Monitor/a de aparellos de ximnasio. Adestrador/a de acondicionamento físico nas SEP de ximnasios ou polideportivos. Preparador/a físico/a. Adestrador/a persoal. Promotor/a, animador/a de actividades de acondicionamento físico. Coordinador/a de actividades de fitness. Técnico/a de apoio na preparación física de deportistas. Instrutor/a das actividades anteriores para colectivos especiais.

AFDP0109

Socorrismo en instalacións acuáticas

2

Bañista-socorrista. Socorrista en piscinas, piscinas naturais e parques acuáticos.

AFDP0209

Socorrismo en espazos acuáticos naturais

2

Bañista-socorrista. Socorrista en praias marítimas e fluviais, en lagoas e encoros. Socorrista de apoio en unidades de intervención acuática. Socorrista en actividades acuáticas no contorno natural e en actividades náutico-deportivas.

AGAF0108

Fruticultura

2

Traballador/a agrícola de froiteiras, en xeral. Fruticultor/a. Traballador/a agrícola de cítricos. Traballador/a agrícola da vide. Traballador/a agrícola da oliveira. Enxertador/a e/ou podador/a. Aplicador/a de praguicidas. Viticultor/a. Olivicultor/a.

AGAO0108

Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría

1

Peón/peoa agrícola, en xeral. Peón/peoa de horticultura, xardinaría. Peón/peoa de viveiro.
Peón/peoa de centros de xardinaría.

AGAO0208

Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes

2

Traballador/a de hortas, viveiros e xardíns, en xeral. Traballador/a e conservador/a de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos. Xardineiro/a, en xeral. Xardineiro/a coidador/a de campos de deporte. Traballador/a cualificado na instalación de xardíns e zonas verdes. Traballador/a cualificado de mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes. Traballador/a cualificado por conta propia en empresa de xardinaría.

AGAR0208

Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

2

Encargado/a ou capataz forestal. Traballador/a forestal, en xeral. Traballador/a especialista de empresas de repoboación. Traballador/a especialista de empresas que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal. Traballador/a especialista de empresas que realizan tratamentos silvícolas. Traballador/a especialista de empresas que realicen traballos de construción e mantemento de camiños. Traballador/a especialista por conta propia en traballos de repoboación e tratamentos silvícolas.

AGAR0209

Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais

1

Peón/peoa forestal. Peón/peoa en explotacións forestais. Peón/peoa en empresas de tratamentos silvícolas.

AGAR0309

Actividades auxiliares de conservación e mellora de montes

1

Peón/peoa forestal. Aplicador/a de nivel básico de praguicidas de uso fitosanitario. Peón/peoa en explotacións forestais. Peón/peoa en empresas de tratamentos silvícolas.

ARGG0110

Deseño de produtos gráficos

3

Deseñador/a gráfico. Grafista. Maquetista. Arte finalista.

ARGN0110

Desenvolvemento de produtos editoriais multimedia

3

Técnico/a de deseño multimedia. Técnico/a de proxectos editoriais multimedia. Técnico/a en produción multimedia. Deseñador/a de produtos editoriais multimedia. Asistente/a ao/a consultor/a en publicación multimedia. Maquetista de proxectos multimedia.

COMM0112

Xestión de márketing e comunicación

3

Técnico/a en publicidade e/ou relacións públicas. Técnico/a medio en publicidade e/ou relacións públicas. Técnico/a superior en publicidade e relacións públicas, en xeral. Técnico/a en organización de feiras e eventos. Organizador/a de eventos de márketing e comunicación. Asistentes do xefe/a de produto. Técnico/a en márketing. Auxiliares de medios en empresas de publicidade. Controladores de cursaxe ou emisión en medios de comunicación.

EOCB0108

Fábricas de albanelaría

2

Albanel. Colocador/a de ladrillo cara vista. Albanel. Cachoteiro/a. Colocador/a de bloque prefabricado. Albanel tabiqueiro. Albanel pedra construción. Oficial/ala de miras. Xefe/a de equipo de fábricas de albanelaría.

EOCB0109

Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción

1

Peón/peoa da construción de edificios. Operario/a de acabamentos. Axudante/a de albanel. Axudante/a de pintor/a. Peón/peoa especializado

EOCB0208

Operacións auxiliares de albanelaría de fábricas e cubertas

1

Operario/a de albanelaría. Operario/a de cubertas. Axudante/a de albanel. Albanel tabiqueiro. Colocador/a de bloque prefabricado. Peón/peona especializado

EOCB0210

Revestimentos con pasta e morteiros na construción

2

Aplicador/a de revestimentos continuos de fachadas. Revocador/a (construción). Enlucidor/a-xesista. Aplicador/a de monocapa. Xefe/a de equipo de revestimentos con pastas e argamasas.

EOCB0211

Pavimento e albanelaría de urbanización

2

Pavimentador/a con lastros. Poceiro/a en redes de saneamento. Albanel de urbanización. Pavimentador/a con baldosas e lousas. Pavimentador/a a base de formigón. Xefe/a de equipo de albaneis de urbanización.

EOCJ0311

Operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnico/a en construción

1

Colocador/a de pavimentos lixeiros, en xeral. Colocador/a de moqueta. Peón/peoa da construción de edificios. Peón/peoa especializado. Operario/a de acabamentos. Axudante/a de instalador/a de placa de xeso laminado.

FMEC0108

Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe

2

Caldeireiro/a-tubeiro/a. Tubeiro/a industrial. Tubeiro/a naval.

HOTI0108

Promoción turística local e información ao visitante

3

Axente de desenvolvemento turístico local. Técnico/a de información turística. Informador/a turístico. Xefe/a de oficina de información turística. Promotor/a turístico. Promotor/a turístico. Técnico/a de empresa de consultoría turística. Coordinador/a de calidade en empresas e entidades de servizos turísticos.

HOTR0108

Operacións básicas de cociña

1

Auxiliar de cociña. Axudante/a de cociña. Empregado/a de economato e adega (hostalaría), de pequeno establecemento de restauración.

HOTR0109

Operacións básicas de pastelaría

1

Axudante/a de pastelaría, de almacén de pastelaría. Empregado/a de establecemento de pastelaría.

HOTR0408

Cociña

2

Cociñeiro/a.

HOTR0508

Servizos de bar e cafetaría

2

Barman camareiro/a de bar-cafetaría. Camareiro/a de barra e/ou dependente de cafetaría. Encargado/a de bar cafetaría. Xefe/a de barra en bar ou cafetaría.

HOTR0608

Servizos de restaurante

2

Camareiro/a. Camareiro/a de sala ou xefe/a de rango. Xefe/a de sector/a de restaurante ou sala.

IEXD0409

Cantaría_colocación de pedra natural (IEXD)

2

Cachoteiro, marmorista da construción

IFCD0110

Confección e publicación de páxinas web

2

Desenvolvedor/a de páxinas web. Mantedor/a de páxinas web.

IFCD0112

Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionais

3

Programador/a de aplicacións de xestión. Técnico/a en data mining (minaría de datos).

IFCD0210

Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web

3

Programador/a de aplicacións informáticas. Técnico/a da web. Programador/a web. Programador/a multimedia.

IFCD0211

Sistemas de xestión de información

3

Xestor/a de contidos, de portais web. Administrador/a de sistemas de contidos. Integrador/a de sistemas de información.

IFCT0209

Sistemas microinformáticos

2

Técnico/a en sistemas microinformáticos. Instalador/a de equipamentos microinformáticos. Reparador/a de microordenador/es. Comercial de microinformática. Persoal de soporte técnico/a. Operador/a de teleasistencia.

IFCT0309

Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos

2

Reparador/a de equipamentos microinformáticos. Reparador/a de equipamentos microinformáticos. Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.

IMST0109

Produción fotográfica

3

Fotógrafo/a en xeral, reporteiro/a, informador/a gráfico, retocador/a fotográfico.

IMSV0209

Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos

3

Integrador/a multimedia audiovisual. Desenvolvedor/a de produtos audiovisuais multimedia. Grafista dixital. Editor/a de contidos audiovisuais multimedia interactivos e non interactivos. Desenvolvedor/a de aplicacións multimedia. Axudante/a de realización en multimedia. Técnico/a en sistemas multimedia.

MAMD0109

Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble

1

Chapeador/a e/ou acabador/a de mobles de madeira. Acoitelador/a vernizador/a de parqué. Vernizador/a-lacador/a de mobles e/ou artesanía de madeira. Operador/a de tren de acabamento de mobles. Peón/peoa da industria da madeira e cortiza. Operador/a de máquina lixador/a (fabricación de produtos de madeira). Vernizador/a-lacador/a artesanía de madeira. Vernizador/a lacador/a de moble de madeira.

MAMD0209

Traballos de carpintaría e moble

1

Montador/a de mobles de madeira ou similares, de produtos de madeira e/ou ebanistaría en xeral. Embalador/a-empaquetador/a á man. Peón/peoa da industria da madeira e da cortiza.

MAMR0308

Mecanizado de madeira e derivados

2

Operador/a de máquinas fixas para fabricar produtos de madeira.

MAMS0108

Instalación de elementos de carpintaría

2

Xefe/a de equipo de carpinteiros de madeira. Carpinteiro/a de armar en construción de taller carpintaría de madeira (construción). Encargado/a de taller de carpintaría de madeira. Carpinteiro/a en xeral. Carpinteiro de decorados. Montador/a de portas blindadas.

MAPN0212

Goberno de embarcacións e motos náuticas destinadas ao socorrismo acuático

2

Mariñeiro/a de cuberta (excepto pesca). Mariñeiro/a de ponte. Patrón/patroa de embarcación ata 10 m de eslora en equipos de socorrismo. Patrón/patroa de embarcación ata 10 m de eslora en unidades de intervención.

SEAG0109

Interpretación e educación ambiental

3

Profesionais da educación ambiental. Guías de reservas naturais.

SEAG0209

Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais

1

Varredores/as. Operarios/as de mantemento da rede de sumidoiros.

SSCB0109

Dinamización comunitaria 

3

Axentes de desenvolvemento local e social. Animadores/as comunitarios en xeral e animadores socioculturais.

SSCB0110

Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais

3

Xestores/as culturais. Animadores/as e monitores/as socioculturais.

SSCB0209

Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil 

2

Monitores/as de educación e tempo libre.

SSCB0211

Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil

3

Coordinadores/as de tempo libre.

SSCS0208

Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

2

Coidadores/as de persoas con discapacidade e/ou dependencia, en institucións.