Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2020/89-1, no concello da Coruña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMT EIR721 alimentación Begano-Alfonso Molina, no concello da Coruña (expediente IN407A 2020/89-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.

A Coruña, 13 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/89-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforzo LMT EIR721 alimentación Begano-Alfonso Molina.

Concello: A Coruña.

Predio

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

3

8380661NH4988S0001DI

Descoñecida

28.11.2022

10.45