Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56725

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidas e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Titular

Localización

Polígono

Parcela

Metros afectados

Custo por m2

Liquidación provisional

001205100NG78F0001WI

María Taboada Pérez

Trasariz

18

051

117 m

1,20 euros

140,40 euros

32026ª018008150000TB

En investigación

Trasariz

18

815

142 m

1,20 euros

170,40 euros

32026A013002920000TU

Carlos Alberto Villar Fernández

A Barca de Barbantes

13

292

366 m

1,20 euros

439,20 euros

32026A010001910000TK

Luisa Sobrino Álvarez

Razamonde

10

191

2.217 m

1,20 euros

2.660,40 euros

32026ª010001980000TS

Fermín Baca Fernández

Razamonde

10

198

342 m

1,20 euros

410,40 euros

000300400NG78H0001YE

María Isabel González

A Cima da Vila

8

4

60 m

1,20 euros

72 euros

32026ª010002050000TB

Bernardo Flores Serrano

Razamonde

10

205

601 m

1,20 euros

721,20 euros

32026A012000720000TL

Aurora Teixeira Piñeiro

A Barca de Barbantes

12

72

307 m

1,20 euros

368,40 euros

32026A013002680000TP

María del Carmen Gómez Cabanelas

A Barca de Barbantes

13

268

67 m

1,20 euros

80,40 euros

1º. En virtude do que antecede, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de 15 dias naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ou da data da notificación por correo postal no caso de que esta notificación se fixer efectiva con posterioridade á data de publicación do anuncio.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. Quen realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española. O prezo da liquidación provisional dos labores de xestión de biomasa é de 1,20 €/m2.

3º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b)

d) Procederase ao comiso da madeira resultante da corta das especies destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Cenlle, 4 de outubro de 2022

José Manuel Rodríguez Lamas
Alcalde