Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de liña de evacuación eléctrica do parque eólico Picato, liña de alta tensión a 132 kV, desde a subestación do parque eólico Picato ata a subestación Eirexe, nos concellos de Guntín, Monterroso e Portomarín (Lugo) (expediente 2022/0102).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 11 de outubro de 2022, do proxecto de liña de evacuación eléctrica do parque eólico Picato liña de alta tensión a 132 kV dende a subestación do parque eólico Picato ata a subestación Eirexe, nos concellos de Guntín, Monterroso e Portomarín (Lugo), promovido por Comunidade de Bens Eirexe (antes de Naturgy Renovables, S.L.U. e Aventoa, S.L.).

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático