Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 6 de xullo de 2022 relativa ao parque eólico Farrapa II, nos concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo), promovido por Norvento, S.L.U. (expediente 066-EOL).

Pola Resolución do 6 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xuño de 2022, polo que se outorga autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Farrapa II, sito nos concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento, S.L.U. (expediente 066-EOL).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2022

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Nº parcela

Pol.

Parc.

Persoa interesada

Acto que se notifica

 

 

 

Miguel Varela Portas Castro

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

10

502

179

Sistemas Energéticos Serra de Lourenzá, S.A.

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

26

53

94

Descoñecido

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

27

53

165

Descoñecido

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

28

53

14

Alicia López Rico

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

30

53

16

Sistemas Energéticos Mondoñedo-Pastoriza, S.A.

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

48

53

57

Antonia Iglesias Méndez

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

48

53

57

Herdeiros de Basilisa Iglesias Méndez

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

58

53

120

José María Rivera de Soto

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública