Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición da Asociación de Redeiras O Cerco no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data do 4 de xullo de 2022, recibiuse unha solicitude de inscrición da Asociación de Redeiras O Cerco no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Revisada a documentación achegada, e en virtude do disposto na disposición transitoria terceira da Orde do 17 de setembro de 2010 pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, acórdase inscribir a mencionada asociación no citado rexistro.

Pontevedra, 11 de outubro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra