Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade de resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación avícola de engorda de polos A Ponte Río

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2007/0094_NAA/IPCC_139

Localización: As Lagoas, parroquia da Piúca, concello de Maceda (Ourense)

Expediente de modificación: 2022-IPPC-M-8

Instalación: planta de procesamento de aceites de orixe animal e graxas de orixe vexetal

Procedemento: modificación do Plan de vixilancia ambiental da autorización ambiental integrada

Titular: Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (Afamsa)

Núm. de rexistro AAI: 2014-IPPC-13-280

Localización: concello de Mos (Pontevedra)

Instalación: planta de produción de taboleiros de partículas

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Unión de Empresas Madereras, S.A.U.

Núm. de rexistro AAI: 2014-IPPC-99-301

Localización: concello de Coristanco (A Coruña)

Expediente de modificación: 2022-IPPC-M-23

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático