Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de setembro de 2022, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Marítimo de Canido de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario de Canido en superficie e do edificio do Club do Mar para o desenvolvemento das actividades de club social, escola de vela, almacén e bar-restaurante (expediente 13-26-21-C1).

Mauro Olmedo Alonso solicita, en nome e representación do Club Marítimo de Canido, a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario de Canido en superficie e do edificio do Club do Mar para o desenvolvemento das actividades de club social, escola de vela, almacén e bar restaurante, segundo o proxecto básico de reestruturación parcial e ampliación do Club Marítimo San Miguel de Canido e Cabo Estai, redactado polos arquitectos Villace y Cominges, S.L.P. en maio de 2022.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 13 de setembro de 2022

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur