Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2022 Páx. 56377

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2022 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de investigación, Área Química-Física, grupo III, en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 5 de abril de 2021.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 5 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 14 de abril) para cubrir con persoal laboral fixo sete prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, Área Química-Física, grupo III, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional técnico/a de investigación, Área Química-Física, as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo dito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade Santiago de Compostela

ANEXO

Quenda de acceso libre:

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Quenda

Campus

1

***7652**

Casas Sabarís, Francisco

PL000386

Técnico/a investigación, Área Química-Física. Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola

Mañá

Compostela

2

***5797**

Álvarez Pérez, Susana María

PL001327

Técnico/a investigación, Área Química-Física. Laboratorio de Análise Química-Laboratorio de Físico-Química

Xornada partida

Compostela

3

***7775**

Martínez Barreiro, María del Carmen

PL000389

Técnico/a investigación, Área Química-Física. Departamento de Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

Xornada partida

Compostela

4

***0726**

García Arrese, Ana María

PL001325

Técnico/a investigación, Área Química-Física. Departamento de Química Orgánica

Xornada partida

Compostela

5

***9360**

Vigo Ramos, Eva

PL000388

Técnico/a investigación, Área Química-Física. Departamento de Física Aplicada

Mañá

Compostela

6

***7445**

Gómez Cabrera, Daniel José

PL000391

Técnico/a investigación, Área Química-Física. Departamento de Física de Partículas

Xornada partida

Compostela

7

***7464**

Álvarez Penín, Ovidio

PL001326

Técnico/a investigación, Área Química-Física. Departamento de Enxeñaría Química

Xornada partida

Compostela