Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 56002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), en relación co proxecto de execución da LAT 132 kV, evacuación parque eólico Vacaloura, nos concellos de Portomarín, Monterroso e Taboada (Lugo) (expediente IN408A 2021/019).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

• O 25.2.2021, a empresa Green Capital Power, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e aprobación de proxecto sectorial para a liña do asunto, e acompañou a solicitude da seguinte documentación: proxecto de execución subscrito por técnico competente, proxecto sectorial, documentación ambiental, separatas e arquivos SHP.

• O 27.4.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN) require a Green Capital Power, S.L. que emende as deficiencias detectadas na documentación achegada ata a data, en concreto, na relativa ao estudo de impacto ambiental. O 1.7.2022, Green Capital Power, S.L. remite a documentación solicitada segundo o requirimento.

• O 14.7.2022, e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a DXPERN envía a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L., NIF B-85945475.

Domicilio social: Paseo Club Deportivo 1, ed13, 2ª planta, 28223 Paseo de Alarcón (Madrid).

Denominación do proxecto: LAT 132 kV evacuación PE Vacaloura.

Situación: concellos de Portomarín, Monterroso e Taboada (Lugo).

Orzamento total (execución material): 1.622.292,39 €.

Características técnicas das instalacións:

Liña de evacuación da enerxía eléctrica xerada polo parque eólico de Vacaloura de 132 kV de tensión nominal, cunha lonxitude total de 15.649 m e que conta cun só tramo aéreo que discorrerá desde a SET do parque de Vacaloura polos montes dos concellos de Portomarín, Monterroso e Taboada, na provincia de Lugo, cruzando varias estradas provinciais e municipais, e finaliza no apoio 21 da LAT 132 kV Maxal-Belesar.

A configuración do tramo aéreo será de simple circuíto en triángulo con condutor A-180 e cable de garda OPGW 2…48 F.O.

A traza está definida por 19 vértices e prevese a instalación de 67 apoios.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións.

Documentación que se expón:

• O proxecto de execución (de febreiro de 2021).

• O estudo de impacto ambiental (EIA) (de xuño de 2022).

• O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, de febreiro de 2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 56, así como nos concellos de Portomarín, Monterroso e Taboada (Lugo). Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lat-vacaloura

Lugo, 27 de setembro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo