Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 56020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT DC ROS809-ROS806 A Gándara, no concello da Guarda.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT DC ROS809-ROS806 A Gándara, no concello da Guarda, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 4 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/013-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMT DC ROS809-ROS806 A Gándara.

Concello: A Guarda.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36023A041000140000UT

Cruz

Descoñecida

29 de decembro de 2022

12