Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 55964

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de setembro de 2022 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301C).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 196, do 14 de outubro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 54888, no primeiro parágrafo, primeira liña, onde di: «O 8 de xullo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de xullo 2022», debe dicir: «O 8 de xullo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de xuño de 2022».