Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 55997

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2022 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil inglés, grupo I, en virtude das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 5 de maio de 2021.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 5 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio) para cubrir con persoal laboral fixo tres prazas da categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil inglés, grupo I, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil inglés, as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar deserta a praza convocada pola quenda de promoción interna.

Terceiro. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato, ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Quenda de acceso libre

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade

de adscrición do posto

Quenda

Campus

Observacións

1

***7733**

O’Brien, Denise Mary

PL001153

Técnico superior de linguas modernas. Centro de Linguas Modernas

Xornada completa CLM, art. 43.e) do Convenio colectivo

Compostela

Lingua inglesa/Certificado negativo delitos sexuais

2

***5174**

López Rodríguez, Alejandro

PL001155

Técnico superior de linguas modernas. Centro de Linguas Modernas

Xornada completa CLM, art. 43.e) do Convenio colectivo

Lugo

Lingua inglesa/Certificado negativo delitos sexuais