Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55732

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os órganos xestores das reservas da biosfera de Galicia beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724C).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas.

De acordo co isto,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas en virtude da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724C).

A finalidade desta orde é promover a conservación e a xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, o fomento do desenvolvemento sustentable e a mellora do patrimonio cultural nas reservas da biosfera de Galicia.

Esta subvención finánciaa integramente a Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións en reservas da biosfera con cargo ao PRTR, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 4: conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, liña de investimento I2: conservación da biodiversidade terrestre e mariña. Aplicacións orzamentarias 08.03.541B.760.0 e 08.03.541B.781.1.

As contías e persoas beneficiarias por cada unha das liñas relaciónanse nos anexos I e II desta resolución.

As axudas aos órganos xestores das reservas da biosfera de Galicia foron aprobadas pola Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do día 30 de agosto de 2022.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO I

Relación de asociacións beneficiarias ao abeiro da liña orzamentaria 08.03.541B.781.1

Expediente

NIF

Solicitante

Actuación

Total

puntuación

Importe

elixible

Anualidade 2022

Anualidade 2023

MT724B/32/2022/200001/X

G32352338

Asociación para o

Desenvolvemento Sostible do Medio Rural da Reserva da Biosfera da Área de Allariz

Actuacións na reserva da

biosfera de Allariz

80

362.394,42 €

72.478,88 €

289.915,54 €

MT724B/15/2022/100001/X

G70180807

Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Actuacións de conservación de ecosistemas, desenvolvemento sostible e apoio loxístico da reserva de biosfera Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo (2022-2023)

80

422.060,00 €

84.412,00 €

337.648,00 €

Total

784.454,42 €

156.890,88 €

627.563,54 €

ANEXO II

Relación de deputacións beneficiarias ao abeiro da liña orzamentaria 08.03.541B.760.0

Expediente

NIF

Solicitante

Actuación

Total

puntuación

Importe elixible

Anualidade 2022

Anualidade 2023

MT724B/27/2022/400001/X

P2700000I

Deputación

Provincial de Lugo

Proposta de actuacións do órgano xestor da reserva da biosfera Terras do Miño

105

609.369,72 €

121.873,94 €

487.495,7 €

MT724B/27/2022/300001/X

P2700000I

Deputación

Provincial de Lugo

Proposta de actuacións do órgano de xestión da reserva da biosfera dos Ancares lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

105

427.058,26 €

85.411,65 €

341.646,61 €

Total

1.036.427,98 €

207.285,59 €

829.142,39 €