Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2022 Páx. 55502

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 6 de outubro de 2022 pola que se modifica a Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN519D).

O día 26 de xaneiro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN519D).

Con posterioridade á publicación no Diario Oficial de Galicia da mencionada orde producíronse modificacións estruturais e de denominación nos órganos e consellerías da Xunta de Galicia. Así, o Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, crea a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. Posteriormente, o Decreto 73/2022, do 25 de maio, fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e, pola súa parte, o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, establece a estrutura e funcións da dita vicepresidencia e consellería, e inclúe un novo órgano, a Secretaría Xeral de Industria, que exercerá, entre outras, as competencias en materia de impulso do desenvolvemento de infraestruturas en parques empresariais, así como o fomento do desenvolvemento de novas actividades industriais e, en xeral, calquera actuación de promoción e execución de actuacións de modernización e dotación de servizos avanzados no solo empresarial.

De acordo co anterior,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificacións estruturais e de denominación de órganos

As referencias efectuadas no texto da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN519D), á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación entenderanse realizadas á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e as referencias efectuadas no texto da mencionada orde á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais entenderanse realizadas á Secretaría Xeral de Industria.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022

Francisco Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía,
Industria e Innovación