De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouno quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 5 de outubro de 2022
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
ANP-OU-07/2022-V |
76734542X |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |