Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55483

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pantón

EDICTO da aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables.

Mediante o Decreto da Alcaldía número 2022-0322, do 10 de outubro de 2022, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para ordenación de volumes edificables, redactado polo arquitecto Ramón Carlos Fernández Losada, de Abante Arquitectura, S.L.P., en desenvolvemento do Plan básico autonómico de Galicia (DOG núm. 162, do 27 de agosto de 2018), para ordenar os volumes edificables para unha parcela situada entre as rúas Ourense e Xeneral Ramón Fernández Núñez, dentro do núcleo urbano de Ferreira de Pantón.

Sométese o expediente a información pública durante o prazo de un mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de acordo co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Durante o devandito período poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes. O expediente encóntrase de manifesto nas oficinas da Secretaría municipal deste concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.l00 horas.

Pantón, 10 de outubro de 2022

José Luis Álvarez Blanco
Alcalde