Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 20 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos competencia desta xefatura (expediente 2021/116-36 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos que se indican no referido anexo, instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta nos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución se poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 20 de setembro de 2022

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expedientes: 2021/116-36 e 2021/195-36.

DNI: 34266454L.

Acto que se notifica: resolucións administrativas do 12 de maio de 2022.

Efectos xurídicos que producen as resolucións: mantemento de medida administrativa.