Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55343

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 1 da delimitación do solo do núcleo rural de Las.

Unha vez aprobada inicialmente, mediante acordo do Pleno Municipal, en sesión extraordinaria do día 20 de setembro de 2022, a modificación puntual número 1 da delimitación do solo no núcleo rural de Las, de conformidade co artigo 78.2.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ao cal remite o artigo 191.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, sométese o documento á información pública durante un prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, calquera interesado/a poderá examinalo e formular as alegacións que considere pertinentes, presentándoas no Rexistro municipal, logo de facer constar a referencia do anuncio. Os documentos integrantes do expediente de delimitación que se tramita poderán consultarse no portal de transparencia da sede electrónica do concello (https://sanamaro.sedelectronica.gal/), así como nas dependencias municipais situadas no número 20 da estrada principal de San Amaro, das 9.00 ás 13.00 horas.

San Amaro, 21 de setembro de 2022

Fernando Rodríguez Redondo
Alcalde presidente