Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle do quinteiro H7 do PP6-polígono II-Obelisco (expediente 2022/PLANEAM/000017-FG 704).

Mediante a Resolución da Alcaldía, número 2022004701, do 4 de outubro de 2022, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle do quinteiro H7 do PP6-polígono II-Obelisco (documento R.E. nº 2022016868, do 15.9.2022).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 5 de outubro de 2022

Mª José Varela Neira
Alcaldesa en funcións