Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55238

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404D).

O 30 de setembro publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 187 a Resolución do 15 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404D).

A base décimo oitava, punto 1, establece que os prazos máximos de xustificación da subvención serán dun mes desde a data de notificación de concesión da subvención, coas datas de remate seguintes:

– Ata o 10 de outubro de 2022 para aqueles eventos que teñan lugar ata o 30 de setembro de 2022.

– Ata o 20 de novembro de 2022 para aqueles eventos que teñan lugar entre o 1 de outubro de 2022 e o 15 de novembro de 2022.

O artigo 45.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación, que non excederá a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros.

O artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, indica que a ampliación poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan.

En consecuencia, tendo en conta que o prazo de publicación foi o día 30 de setembro de 2022 e que o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 2 de novembro de 2022, parece procedente cambiar as datas máximas de xustificación ata o 20 de novembro (eventos que teñan lugar ata o 30 de setembro de 2022) e 3 de decembro de 2022 (eventos que teñan lugar entre o 1 de outubro de 2022 e o 15 de novembro de 2022).

Polas razóns antes expostas,

RESOLVO:

Modificar as datas límite de xustificación establecidas na base décimo oitava, punto 1, da Resolución do 15 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404D), ampliando os prazos para presentar a documentación xustificativa ata as seguintes datas:

– 20 de novembro de 2022, para os eventos que teñan lugar ata o 30 de setembro de 2022.

– 3 de decembro de 2022, para os eventos que teñan lugar entre o 1 de outubro de 2022 e o 15 de novembro de 2022.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais