Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55214

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se autorizan centros educativos para impartir o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2022/23.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Resolución desta dirección xeral do 28 de marzo de 2022, pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2022/23, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros que se relacionan no anexo desta resolución para impartir o programa Plurinfantil, de plurilingüismo no segundo ciclo da educación infantil.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Centros autorizados 2022-2023

Código do centro

Nome do centro

Idioma

Etapas autorizadas

15019311

CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño

Inglés

Educación infantil

15021858

CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte

Inglés

Educación infantil

15033228

CEIP Novo Mesoiro

Inglés

Educación infantil

27011743

CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López

Inglés

Educación infantil

27014033

EEI Fingoi nº 2

Inglés

Educación infantil

32006553

CEIP Plurilingüe de Maceda

Inglés

Educación infantil

32015190

CEIP Plurilingüe Albino Núñez

Inglés

Educación infantil

32015219

CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro

Inglés

Educación infantil

36000685

CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño

Inglés

Educación infantil

36001343

CEIP San Xoán Bautista

Inglés

Educación infantil

36004484

CEIP da Laxe

Inglés

Educación infantil

36009494

CEIP Plurilingüe de Tebra

Inglés

Educación infantil

36010101

CEIP Plurilingüe O Sello

Inglés

Educación infantil

36010265

EEI Cristo da Victoria

Inglés

Educación infantil

36012377

CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas

Inglés

Educación infantil

36012456

CPR Plurilingüe Sagrada Familia

Inglés

Educación infantil

36014726

EEI A Marisma

Inglés

Educación infantil

36016115

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Inglés

Educación infantil

36018963

CEIP Plurilingüe de Belesar

Inglés

Educación infantil