Consonte o previsto na base II.2.6 da resolución de convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización do sexto exercicio o día 25 de outubro de 2022, ás 9.00 horas, na Sala E do Edificio Administrativo de San Caetano os seguintes aspirantes:
25 de outubro de 2022
Rodicio Cimadevilla, Guillermo José |
***2916** |
Díaz Cuenca, Isabel María |
***9195** |
Para o seu desenvolvemento, os aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais. O tempo de duración será de cinco (5) horas.
Os aspirantes deberán comparecer o mesmo día na mesma sala ás 16.15 horas para a lectura do exercicio ante o tribunal en sesión pública.
Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.
O chamamento para cada exercicio será único, de forma que os aspirantes que non comparezan serán excluídos.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022
Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal