Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55191

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería
de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022

Convenio

Achega da consellería (€)

Data da sinatura

Convenio entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, S.A., S.M.E. para facilitar o ingreso en contas restrinxidas de xiros postais utilizados para pagar débedas tributarias e outras de dereito público.

Sen achega económica

1.6.2022

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Conselleria de Facenda e Administración Pública, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.392.425,00 €

3.6.2022 

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2022.

7.500,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Federación Down Galicia para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

11.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

11.7.2022

Protocolo de adhesión do Concello de Samos ao convenio subscrito o 30.9.2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

21.7.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello da Merca en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

31.8.2022