Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2020-IPPC-110-331, outorgada a Alúmina Española, S.A. e Aluminio Español, S.L.U. para o complexo industrial de alumina-aluminio situado nos concellos de Xove e de Cervo (A Coruña) (expediente 2022-IPPC-M-29).

Para os efectos previstos no artigo 15.5 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013), faise público que por espazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia queda exposta a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada do complexo industrial de alumina-aluminio de Alúmina Española, S.A. e Aluminio Español, S.L.U. para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Categoría principal da actividade: 2.5.a) (instalacións para a produción de metais en bruto non ferrosos a partir de minerais, de concentrados ou de materias primas secundarias mediante procedementos metalúrxicos, químicos ou electrolíticos).

Titulares: Alúmina Española, S.A. (A36006278); Aluminio Español, S.L.U. (B36006268).

Enderezo social: Pedro Teixeira, 8, 28020 Madrid.

Enderezo da instalación: Lieiro, s/n, San Cibrao (Lugo).

Actividade principal: produción de alumina a partir de bauxita e de aluminio a partir de alumina.

Descrición da modificación: solicitan autorización para utilizar fuel óleo no foco de calcinación da planta de alumina e así dotala de flexibilidade na elección do combustible.