Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas de reforma e repotenciación da LMT A Picoña (tramo A Picoña-A á Picoña-C) e LMT e reforma e cambio de localización do CT A Picoña-C, ambas no concello de Salceda de Caselas (expedientes IN407A 2019/124-4 e IN407A 2020/124-4).

O 14.11.2019 esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica de reforma e repotenciación da LMT A Picoña, tramo A Picoña-A á Picoña-C, no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2019/124), coas seguintes características técnicas: liña de media tensión aérea de 20 kV con condutor LA-110 e lonxitude de 635 metros desde o apoio nº 24 C-4500/22 existente da LMTA San Xurxo-A Picoña ata o apoio nº 28 proxectado xunto ao CT A Picoña. Liña de media tensión aérea de 20 kV con condutor RHZ e lonxitude de 30 metros desde o apoio nº 28 ao CT A Picoña-C. Esta instalación está situada nos lugares de Ataúde e Pedrapinta, na parroquia da Picoña, no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra).

O 9.11.2020 esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMT e reforma e cambio de localización do CT A Picoña-C, no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2020/124), coas seguintes características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 56 metros de lonxitude (30 entrada ao CT e 26 saída) con orixe e final no paso aéreo subterráneo en apoio existente da LMT A Picoña-C, unha vez que entre e saia no novo centro de transformación A Picoña-C, na súa nova localización. Centro de transformación, con tres celas prefabricadas con illamento e corte Sf6 e un transformador de 160 kVA, con RT 20 kV/400-230 V. Esta instalación está situada no Coto, A Picoña, Salceda de Caselas.

O 3.8.2022 Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U., empresa promotora das instalacións citadas, solicitou a declaración de utilidade e a necesidade de urxente ocupación de forma conxunta para esas instalacións, argumentando que se trata dunha afección de servidume sobre a mesma parcela con referencia catastral 36049A006020250000KK.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita das seguintes instalacións eléctricas:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Instalación IN407A 2019/124: reforma e repotenciación da LMT A Picoña, tramo A Picoña-A á Picoña-C.

Instalación IN407A 2020/124: LMT e reforma e cambio de localización do CT A Picoña-C.

Situación: Salceda de Caselas.

Obras que se van realizar na parcela afectada: instalación dunha caseta prefabricada que substitúe o centro de transformación actual en obra civil, reforma da liña de media tensión de entrada e saída do centro de transformación e reforma das saídas das liñas de baixa tensión. Dimensións da caseta proxectada: 4,46×2,38 m; superficie da caseta proxectada: 10,61 m², e recuamento da caseta proxectada ao eixe da estrada municipal: 7 m.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Parcela nº 1:

Referencia catastral: 36049A006020250000KK.

Polígono: 6.

Parcela: 2025.

Localización: O Carballal, A Picoña, Salceda de Caselas.

Tipo de solo: núcleo rural.

Uso principal: solo sen edificar.

Titular: Porfirio Vaqueiro Juste

Afección:

10,62 m² para centro de transformación.

23,93 m² para servidume acceso centro de transformación.

2,25 m² para servidume arqueta MT/BT.

2,40 m² para servidume canalización liñas eléctricas.

1,00 m² para servidume poste de baixa tensión proxectado.