Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55158

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal relativa á ordenanza 6.2 do parque empresarial de Espiñeira.

O Pleno, en sesión ordinaria do 28 de xullo de 2022, acordou, co quórum da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM para a modificación da ordenanza 6.2 do parque empresarial de Espiñeira, segundo a documentación elaborada por Amancio Losada Vicente, que tivo entrada o 25 de maio de 2022.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os/as interesados/as poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. O expediente 1273/2018 está á disposición das persoas interesadas no Departamento de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, e no Portal de transparencia a que se pode acceder entrando no seguinte enderezo web: boiro.sedelectronica.gal, Portal de transparencia, 7.1 Planeamento urbanístico, modificación puntual do PXOM, ordenanza 6.2.

Boiro, 12 de agosto de 2022

José Ramón Romero García
Alcalde