Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55044

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022 pola que se nomea funcionaria de carreira da escala técnica de especialistas (subescala actividades culturais), subgrupo C1, polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, nunha praza da escala técnica de especialistas (subescala actividades culturais), subgrupo C1, vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas mediante a Resolución do 3 de marzo de 2020 (DOG do 13 de marzo).

Verificada a concorrencia na aspirante aprobada dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada mediante a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira da escala técnica de especialistas (subescala actividades culturais), subgrupo C1, da Universidade da Coruña a aspirante aprobada polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 30 de setembro de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica de especialistas (subescala actividades culturais), subgrupo C1

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***6261**

Castro Blanco, Noemí

72,40