Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 26 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150019722 e tres máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Xuventude, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o prazo, de non o faceren, terase por efectuada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para compareceren.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non efectuaren a emenda no prazo de 10 días establecido nos requirimentos contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teráselles por desistido das súas solicitudes, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 26 de agosto de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150019722

58022478X

Requirimento de emenda da solicitude

24.5.2022

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150030822

32349079Q

Requirimento de emenda da solicitude

18.5.2022

150040322

54703768Q

Requirimento de emenda da solicitude

25.5.2022

150047722

X3489497Y

Requirimento de emenda da solicitude

15.6.2022