Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de comunicación do traslado de follas de valoración polo expediente de expropiación IN407A 2021/102-3 AT, no concello de Avión.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, no se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT ALB801 APOIO 83-18-7-2, no concello de Avión (expediente IN407A 2021/102-3 AT), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003 Ourense (solicitando cita previa no teléfono de contacto 988 38 67 10, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres). A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 27 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/102-3-AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación dla instalación: regulamentación LMT ALB801 apoio 83-18-7-2.

Concello: Avión.

Predio nº

Lugar

Incidencia

1

Souteiras

Titular descoñecido