Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2022/32 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: normalización de fronteira del CT 4723 asilo.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Viveiro 1, con orixe no CT 1391 rúa das Flores e final no CS asilo proxectado, cunha lonxitude de 155 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Viveiro 1, con orixe no CS asilo proxectado e final no CT 2395 grupo escolar, cunha lonxitude de 135 metros en condutor RHZ1-240.

• CS asilo en edificio de obra civil, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

• Desmontaxe de 120 metros de condutor RHZ-150 da liña de alimentación actual ao CT 4723 asilo, dos cales 15 metros desprázanse para alimentalo desde o novo CS asilo proxectado.

• Desmontaxe de 50 metros de condutor RHZ-240 correspondente a liña de enlace entre o CT 1391 rúa das Flores e o CT 2395 grupo escolar.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 62.006,87 euros.

Documentación que se acompaña:

• Separata para o Concello de Viveiro.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e deberá realizarse a dirección de obra por técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 15 de setembro de 2022

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3, Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria