Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden a autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2020/213-1).

Expediente: IN407A 2020/213-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMTS. Peche urbano Cabo de Cruz.

Concello: Boiro.

Feitos:

1. O 22.12.2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto que inclúe a memoria, os planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado LMT peche urbano Cabo de Cruz.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 2 de xuño de 2022.

– DOG: 23 de xuño de 2022.

– BOP: 8 de xuño de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 14 de xuño de 2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 6 de xuño de 2022.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Concello de Boiro, Demarcación de Costas de Galicia na Coruña, Deputación Provincial da Coruña, Dirección Xeral do Patrimonio e Servizo de Urbanismo.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos e/ou empresas afectados.

5. Con data do 30.8.2022, foi emitido o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. As instalacións atópanse en Cabo de Cruz, no concello de Boiro, e as súas características técnicas son as seguintes:

Anelado de nove (9) centros de seccionamento:

– Actuación 1: LMTS a 20 kV, de 301 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Fonte do Lorcho (15CVC4) existente e remate no CS proxectado.

– Actuación 2: LMTS a 20 kV, de 412 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Fonte do Lorcho (15CVC4) existente e remate no CT Banda ao Río (15CAI9).

– Actuación 3: LMTS a 20 kV, de 73 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Agarimo (15CZS4) existente e remate no CT Bahía (CBWG).

– Actuación 4: LMTS a 20 kV, de 7 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe en arqueta proxectada e remate no CS proxectado.

– Actuación 5: LMTS a 20 kV, de 8 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe en CS proxectado e remate na arqueta proxectada.

– CS prefabricado, no tramo da LMTS BOI802 comprendido entre os CC.SS. 15 SFPH e 15 CJI8, e configuración 3L (2 telecontroladas)+1P.

– Nova cela de liña no CT 15CAI9, para o que se substitúen as actuais celas compactas 2L+1 P por 3 celas modulares de liña e unha de protección (3L+1P).

3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, así como certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 19 de setembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña