Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 26 de setembro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se lles notifican a varias persoas os prazos de ingreso, en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados.

Mediante a presente cédula e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros do Hospital Público da Mariña, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES69 ES69 0081 5363 20 0001082918 do Banco de Sabadell, S.A. nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpor no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Burela, 26 de setembro de 2022

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña
e Monforte de Lemos

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Sandoval López, Renato

Fra. 202230054

5.1.2022

582,94

Monroy de la Torre, Rosa Emilia

Fra. 202230055

5.1.2022

9.475,45

Fidalgo Ferreira, María de Fátima

Fra. 202230056

5.1.2022

401,94

Chirica ---, Adrián

Fra. 202230057

5.1.2022

401,94

Calisano ---, Valentina

Fra. 202230058

5.1.2022

361,59

Varia Cerasela, Mariana

Fra. 202230059

5.1.2022

623,29

Pérez Menéndez, Daniel

Fra. 202230336

18.4.2022

563,34

Álvarez Mayo, David

Fra. 202230364

25.4.2022

442,29

Gomes Ferreira Leao, Cintia Carla

Fra. 202230365

25.4.2022

401,94