A Resolución da Alcaldía nº 1257/2022, do 28 de setembro, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a constitución e o funcionamento da bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dun/dunha animador/a deportivo/a.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 188, do 3 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal
Teo, 3 de outubro de 2022
Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde