Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 53878

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos durante o segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, realízase a corrección de erros da Resolución do 12 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o primeiro cuadrimestre do ano 2022 (DOG núm. 98, do 23 de maio), de xeito que se engade á listaxe anexa dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022 por esta consellería o que se sinala no anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO I

Convenios asinados no segundo cuadrimestre do ano 2022

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica
da consellería (€)

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o Concello de Porto do Son e a entidade pública empresarial Portos de Galicia para realizar obras en materia de urbanismo e fachada portuaria na vila de Porto do Son.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o Concello de Porto do Son e a entidade pública empresarial Portos de Galicia, para a execución das obras consistentes na intervención para a mellora do bordo da praia de Porto do Son.

2 de maio de 2022

183.871,38 €

Addenda ao Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas para a elaboración do proxecto e execución das obras de mellora da envolvente térmica e mellora enerxética no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en San Lázaro, s/n (Santiago de Compostela). Plan de recuperación, transformación e resilencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Do acordo asinado o 12 de abril de 2022, modifícase o expoñendo cuarto; suprímese o expoñendo sexto; modifícanse os expoñendos sétimo e oitavo; e modifícase parcialmente o contido das cláusulas: primeira (obxecto); segunda (obrigas das partes participantes no acordo); terceira (réxime para financiamento dos negocios xurídicos necesarios para a execución das actuación obxecto deste acordo); sexta (Comisión Mixta de Coordinación e Seguimento) e sétima (recepción das actuacións derivadas do presente acordo).

13 de maio de 2022

Non supón incremento do Convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Montederramo para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Montederramo que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a dotación de equipamentos públicos en núcleos rurais do concello.

24 de maio de 2022

29.272,27 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Monterrei para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Monterrei para a redacción Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).

25 de maio de 2022

129.504,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da Universidade de Vigo.

Realización de prácticas académicas externas do alumnado da Universidade de Vigo curriculares e extracurriculares, sexan presenciais, telemáticas ou mixtas, adscritas ao cumprimento das funcións e competencias en materia científico-ambiental e en materia de patrimonio natural e biodiversidade de Galicia, así como en avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e o impulso da investigación ambiental para o logro da axeitada protección ambiental.

30 de maio de 2022

Sen achega económica

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello dos Blancos para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello dos Blancos que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización de espazos públicos.

2 de xuño de 2022

56.210,17 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Frades para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Frades que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización dos contornos de Papucín e Fonte Santaia.

2 de xuño de 2022

109.597,02 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Bande para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Bande que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na reforma da praza, zona do mercado e biblioteca.

6 de xuño de 2022

86.473,59 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilamarín para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilamarín que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e accesibilidade da zona dotacional entre a casa da cultura e o centro social.

7 de xuño de 2022

34.972,81 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Outeiro de Rei para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Outeiro de Rei que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción de piscina pública e un centro BTT.

8 de xuño de 2022

771.369,07 €

Addenda núm. 1 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Negreira para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia–, da cláusula terceira –compromisos do Concello de Negreira– e da cláusula décimo segunda –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

8 de xuño de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 2 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Corcubión para o financiamento da redacción da revisión do plan especial de protección e ordenación do núcleo histórico (PEPONH).

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– e da cláusula décimo primeira –vixencia e prórroga do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

9 de xuño de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 2 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Betanzos para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do núcleo histórico (PEPONH).

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– e da cláusula décimo primeira –vixencia e prórroga do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

14 de xuño de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 6 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Verín para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico e barrio de San Lázaro.

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia–, da cláusula terceira –compromisos do Concello de Verín– e da cláusula sétima –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

15 de xuño de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 3 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Redondela para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

Modificación do contido do punto 1 da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia–; o punto 3 da cláusula terceira –compromisos do Concello de Redondela–; así como a cláusula décimo primeira –vixencia do convenio– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

20 de xuño de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Aranga para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Aranga que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento e mellora do núcleo de Montesalgueiro, mediante a creación dunha zona de tránsito para os peóns.

20 de xuño de 2022

86.175,74 €

Addenda número 2 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Friol para realizar obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

30 de xuño de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilariño de Conso para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilariño de Conso que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da intersección da rúa do Souto coa praza da Vila.

6 de xullo de 2022

191.214,58 €

Addenda núm. 4 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Moraña para as obras de equipamento municipal de ocio nas instalacións de Mirallos.

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos do concello–, a cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia– e a cláusula décimo primeira –vixencia– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

8 de xullo de 2022

Supón un incremento respecto ao convenio inicial de 50.573,65 €

Acordo unánime de resolución por mutuo acordo do Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Boborás para realizar obras en materia de urbanismo.

Declarar resolto por acordo unánime o Acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o concello de Boborás para a execución de obras en materia de urbanismo, subscrito o 26 de xullo de 2021 e modificado pola addenda número 1 do 8 de febreiro de 2022.

8 de xullo de 2022

Sen achega económica

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Cervo para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Cervo que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na derriba de edificio e acondicionamento de praza na rúa do Faro, 38.

14 de xullo de 2022

375.693,21 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Crecente para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Crecente que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no embelecemento do contorno da capela de Santa Marta-Albeos.

27 de xullo de 2022

94.376,62 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Bororás para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Boborás que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción dunha piscina pública.

1 de agosto 2022

458.424,28 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda relativo ao proxecto Life Insular (LIFE20 NAT/ES/001007).

Regular a cooperación entre os beneficiarios do proxecto Life insular, Estratexia integrada para a xestión sostible dos hábitats insulares en illas Natura 2000 do océano Atlántico; co Grant Agreement (Acordo de subvención) número LIFE20 NAT/ES/001007, asinado o 7 de setembro de 2021.

5 de agosto de 2022

376.290 €

Addenda núm. 2 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribeira para a construción do novo auditorio municipal.

Modificación do contido da cláusula segunda –Compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

9 de agosto de 2022

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Toén para realizar obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Toén que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora da accesibilidade no núcleo rural de Moreiras.

17 de agosto de 2022

296.852,44 €

2ª addenda ao Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas para elaborar o proxecto e execución das obras de mellora da envolvente térmica e mellora enerxética no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Plan de recuperación, transformación e resilencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Actualizar os importes da actuación e modificar, para tal fin, o contido da cláusula terceira: Réxime para o financiamento dos negocios xurídicos necesarios para a execución das actuacións obxecto deste acordo.

22 de agosto de 2022

Supón un incremento económico sobre o convenio inicial de 370.443,07 €

ANEXO II

Corrección de erros da Resolución do 12 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o primeiro cuadrimestre do ano 2022. Engádese á listaxe o convenio seguinte:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica
da Consellería (€)

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas para a elaboración do proxecto e execución das obras de mellora da envolvente térmica e mellora enerxética no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en San Lázaro, s/n (Santiago de Compostela). Plan de recuperación, transformación e resilencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Regular as condicións de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das obras de mellora da envolvente térmica e mellora enerxética do edificio da CMATV da rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

12 de abril de 2022

2.865.976,96 €