Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños números 442 e 544-A.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 28 de xullo de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que se describen:

Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 442 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 71,80 m².

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 544-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 162,87 m².

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actuais titulares: José Manuel Suárez Abalo (***2280**) e María del Carmen Lorenzo Vidal (***2758**).

Novo titular: Gustavo Suárez Lorenzo (***6521**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 29 de xullo de 2022

A xefa territorial de Vigo
P.D. (Resolución do 29.12.2021)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica