Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas as resolucións relativas a modificacións do Acordo de concentración parcelaria da zona de Troáns II (Cuntis, Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º, Pontevedra, teléfono 986 80 54 48), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación.

Pontevedra, 23 de setembro de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MOAC_163

35297967M

Resolución de modificación do acordo

MOAC_200

35392180X

Resolución de modificación do acordo

MOAC_200

76859184S

Resolución de modificación do acordo

MOAC_200

76841444P

Resolución de modificación do acordo

MOAC_200

35284958Z

Resolución de modificación do acordo

MOAC_200

Eva Barros Aguirán

Resolución de modificación do acordo

MOAC_201

Manuel Ramón Barros Aguirán

Resolución de modificación do acordo