Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de cancelación conxunta no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2020/00027).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa identificada no anexo a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular da Xefatura Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser recorrida en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 19 de setembro de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2020/00027

33306592Q

Resolución de cancelación da inscrición