Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e denegadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando para o ano 2022 (código de procedemento MR406B), ao abeiro da Orde do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, modificada pola Orde do 12 de agosto de 2022.

O día 23 de febreiro de 2022, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O día 23 de agosto de 2022 publicouse unha modificación da citada Orde do 4 de febreiro de 2022 mediante a Orde do 12 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A Orde do 4 de febreiro de 2022 convoca para o exercicio 2022 dúas liñas de axudas e o procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva. As axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando (código de procedemento MR406B) son as da liña 1, axudas de minimis, da convocatoria.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dando cumprimento ao artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude da Orde do 17 de novembro de 2015, da Consellería do Medio Rural, de delegación de competencias en diversos órganos desta consellería (artigo 2) (DOG núm. 223, do 23 de novembro), o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ACORDA:

A publicación do contido da Resolución do 15 de setembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, das axudas concedidas e denegadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando para o ano 2022 (código de procedemento MR406B), ao abeiro da Orde do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e modificada pola Orde do 12 de agosto de 2022.

A Orde do 4 de febreiro de 2022, da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 37, do 23 de febreiro) publicouse de acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 263, do 3 de novembro).

A) Información xeral sobre a liña de axudas:

– Esta axuda forma parte do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España. Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

– Obxectivo estratéxico/operativo/instrumental e finalidade: mellorar a sustentabilidade, a resiliencia e a competitividade do sector agroalimentario, desde o punto de vista económico, ambiental e social, nos centros de limpeza e desinfección.

– Política panca dentro do PRTR: política número 1 «Axenda urbana e rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura».

– Compoñente dentro da política número 1: compoñente 3 «Transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro».

– Medida dentro do compoñente 3: investimento 3 «Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (II): reforzo dos sistemas de capacitación e bioseguridade en centros de limpeza e desinfección» (acrónimo C3.I3).

– Nome do subproxecto: melloras en bioseguridade para a modernización ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando en Galicia.

– Financiamento das axudas: financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

B) Obrigas das persoas/entidades beneficiarias das axudas:

1. Obrigas en materia de emprego:

As persoas/entidades beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións relacionadas coa normativa do réxime de axudas de Estado que sexa de aplicación:

– Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

– Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

– Contribuír á creación e mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

2. En canto ás obrigas de comunicación do financiamento público das axudas, por parte das persoas/entidades destinatarias finais delas:

– As accións de información e comunicación farán referencia á orixe do financiamento das actuacións e serán visibles, incluíndo o emblema da Unión e unha declaración axeitada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

– Nos lugares de realización das actuacións informarase do apoio do fondo NextGenerationEU a través dun cartel dun tamaño mínimo A3, nun lugar destacado e visible. O contido total do cartel será: o nome da actuación, o escudo de Galicia máis o texto de «Xunta de Galicia», o emblema da Unión Europea máis o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», o logotipo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (emblema e texto, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual), o escudo de España co texto de «Goberno de España» e «Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación».

– Informar a través da páxina web, en caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

3. Obrigas de conservación da documentación:

Deberán conservarse os libros contables, facturas, permisos administrativos, rexistros dilixenciados e demais documentos relacionados coa axuda, os que acrediten os gastos, os pagamentos etc., toda a documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos, e durante un período mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 €.

4. Cumprimento do principio DNSH:

É obrigatorio o compromiso de respectar o principio horizontal de «non causar un prexuízo significativo» (polas súas siglas en inglés DNSH-Do no significant harm) a ningún dos 6 obxectivos ambientais recollidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020 (Regulamento de taxonomía), durante a execución das actuacións.

5. Obriga de facilitar información sobre os fondos percibidos:

Estas axudas atópanse suxeitas aos controis dos órganos estatais e autonómicos (Tribunal de Contas, Consello de Contas, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, etc.) e, así mesmo, aos órganos de control da UE (Comisión Europea, Tribunal de Contas Europeo, OLAF e Fiscalía Europea), no exercicio das súas funcións de control e inspección sobre o destino dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

C) Financiamento das axudas:

A Orde do 12 de agosto de 2022, pola que se modifica a Orde do 4 de febreiro de 2022, establece que as axudas da liña 1 recollidas na orde están financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado (Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU), e o seu financiamento efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia:

Liña 1. Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade:

14.04.713E.7603, que se dota para o ano 2022 cun crédito de 15.747,52 €.

14.04.713E.7703, que se dota para o ano 2022 cun crédito de 25.310,28 €, e para o ano 2023 cun crédito de 369.520,28 €. O total desta aplicación orzamentaria é de 394.830,56 €.

O orzamento total das dúas aplicacións é de 410.578,08 €.

D) Consideracións administrativas:

– Na Subdirección Xeral de Gandaría examináronse as 10 solicitudes presentadas máis a documentación complementaria achegada, e comprobouse que 7 solicitudes cumpren os requisitos para a concesión das axudas sinalados na Orde do 4 de febreiro de 2022, e 3 solicitudes non os cumpren.

– Prazo de execución: 1 ano desde a concesión da subvención, para os expedientes número 01, 02, 03, 04, 06 e 07.

Para o expediente número 05 (CLD/MR406B/2022/05), a nome do Concello de Xinzo de Limia, o prazo de execución será de 3 meses desde a concesión da subvención e dentro do exercicio 2022.

– Os investimentos subvencionables son os que se recollen no artigo 24 da Orde do 4 de febreiro de 2022 da Consellería do Medio Rural.

– As 7 solicitudes propostas inclúen actuacións de mellora nos centros de limpeza e desinfección (CLD), é dicir, son en CLD xa existentes. Neste caso, para cada CLD:

• Investimento máximo subvencionable: 100.000,00 €.

• Intensidade máxima da subvención: 70 % do investimento.

• Contía máxima da axuda por persoa/entidade beneficiaria: 70.000,00 €.

– No cumprimento do artigo 11 da Orde do 4 de febreiro de 2022, esta resolución de subvención que se publica poñerá fin á vía administrativa, e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas/entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto no artigo 7.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

– Conforme o contido do artigo 9 da Orde do 4 de febreiro de 2022, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta resolución de concesión e de denegación das axudas, e que produce os efectos de notificación ás persoas beneficiarias e non beneficiarias das axudas. Así mesmo, a data de publicación no DOG é a que será tida en conta para os efectos de cómputo de prazos.

– No anexo I (axudas aprobadas) recóllese a listaxe das persoas/entidades beneficiarias e os importes concedidos.

– No anexo II (axudas denegadas) recóllese a listaxe das persoas non beneficiarias e o motivo da denegación da axuda.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Solicitudes aprobadas

Núm. de expediente

Nome e apelidos/razón social da persoa ou entidade beneficiaria

NIF

Investimentos
solicitados (€)

Investimentos
subvencionables (€)

Intensidade
da axuda

Importe total da axuda (€)
(contía máxima axuda/beneficiario
70.000 €)

CLD/MR406B/2022/01

Carniceros de La Coruña, S.A.

***0906**

119.750,63

100.000,00

70 %

70.000,00

CLD/MR406B/2022/02

Matadero General y Frigorífico Baixo Miño, S.L.

***0417**

99.950,33

99.950,33

70 %

69.965,24

CLD/MR406B/2022/03

Magefrigor, S.L.

***0016**

99.984,19

99.984,19

70 %

69.988,94

CLD/MR406B/2022/04

Avícola de Galicia, S.A.U.

***0022**

167.443,65

100.000,00

70 %

70.000,00

CLD/MR406B/2022/05

Concello de Xinzo de Limia

***0330**

22.496,35

22.496,35

70 %

15.747,52

CLD/MR406B/2022/06

Comercial Turbomotriz Atlántica, S.L.

***7025**

100.025,00

100.000,00

70 %

70.000,00

CLD/MR406B/2022/07

Manuel Zas Cebral

***5632**

36.148,00

36.148,00

70 %

25.303,60

Importe total da axuda (€)

391.005,30

ANEXO II

Solicitudes denegadas

Núm. de expediente

Nome e apelidos/razón social da persoa ou entidade titular/propietaria do CLD

NIF

Motivo da denegación

CLD/DEN/MR406B/2022/01

Gestora de Subproductos de Galicia, S.L.

***8626**

Realiza transporte de subprodutos animais e non de gando (animais vivos) (artigo 1 da orde, Finalidade das axudas)

CLD/DEN/MR406B/2022/02

CLD/DEN/MR406B/2022/03