Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación do concello de Ourense, no lugar de Outariz (expediente IN407A 2021/143-3).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SAC803-van en apoios nº 41-6 e 47-7 (Outariz), no concello de Ourense, correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo deste anuncio.

Ourense, 19 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/143-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMTA SAC803-van en apoios nº 41-6 e 47-7 (Outariz).

Concello: Ourense.

Predio

Lugar

Titularidade

Enderezo

Data de ocupación

1

Outariz

Camilo González Prieto

Descoñecido

5.7.2022