Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53632

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso das parcelas de titularidade da Xunta de Galicia incluídas no ámbito EL-8/QG do Plan xeral de ordenación municipal, A Coruña (expediente 631/2022/221).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 8 de setembro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o cambio de uso das parcelas titularidade da Xunta de Galicia inseridas no ámbito EL-8/QG do PXOM, coas referencias catastrais 9794201NH4999N0001MZ, 9593413NJ4999S0000US e 9593411NJ4999S0001DD, cualificadas como sistema xeral de equipamento e sistema local de espazo libre polo Plan xeral vixente, de conformidade co grafitado no documento Cambio de uso de parcelas dotacionais no ámbito EL-8/QG do PXOM, redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P. e asinado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e solicitar a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Terceiro. Remitir o acordo á Consellería de Sanidade, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e departamentos municipais interesados na súa tramitación, para os efectos do seu coñecemento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 16 de setembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2544/2022; BOP do 28 de abril)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade