Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de setembro de 2022 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/49/2017-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/49/2017-RP1, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación en fase de estrutura para uso residencial, no lugar de Bugallo, Santa María, no termo municipal de Oia, provincia de Pontevedra (referencia catastral 36036A038002780001WF).

Ao seren os interesados descoñecidos, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase, para xeral coñecemento, o dito emprazamento de trámite de audiencia mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do trámite de audiencia e o informe do inspector urbanístico se encontran á súa disposición nas dependencia da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística