O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
Mediante a Resolución do 5 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, deuse publicidade da relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022 (DOG do 13 de maio), relación na cal non se incluíu un convenio subscrito nese período, e mediante a Resolución do 5 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, deuse publicidade da relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022 (DOG do 19 de setembro), na cal non se incluíu unha addenda a un convenio subscrita nese período.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade da relación dun convenio e dunha addenda a un convenio que foron subscritos pola Consellería do Mar, no primeiro e no segundo cuadrimestres de 2022, respectivamente, e que se incorporan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses
de xaneiro, febreiro, marzo e abril e nos meses de maio, xuño,
xullo e agosto do ano 2022
Descrición |
Importe |
Data |
Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Entidade Pública Empresarial Portos de Galicia (EPEPG), para o financiamento e sustentabilidade do proxecto de mellora e modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas, dos lugares de desembarque e dos ancoradoiros. |
3.432.622,46 € |
13.4.2022 |
Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Entidade Pública Empresarial Portos de Galicia (EPEPG), para o financiamento e sustentabilidade do proxecto de mellora e modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas, dos lugares de desembarque e dos ancoradoiros. |
Sen custo económico |
5.6.2022 |