Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53217

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no mes de abril do ano 2022, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

Elena Muñoz Fonteriz
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda e
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022

Convenio

Achega económica da consellería (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) e a Fundación Ayuda en Acción, para a realización do proxecto de mellora dos medios de vida e a seguridade alimentaria da poboación mediante o fortalecemento das cadeas de valor da pesca e a acuicultura, no distrito de Namaacha, Mozambique

450.000 €

2.5.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación

20.000 €

3.5.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello do Carballiño para a execución do proxecto denominado acondicionamento de locais e instalacións para protección civil

60.000 €

4.5.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Asociación Érguete, prevención e intervención en condutas adictivas

50.000 €

12.5.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Universidade de Vigo para a creación e desenvolvemento dunha cátedra institucional de bo goberno local

60.000 €

13.5.2022

Convenio parar determinar o plan de actuación para 2022 que subscriben a Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado, a Deputación Provincial da Coruña e mais o Centro de Estudos Xurídicos O.A., do Ministerio de Xustiza, relativo ao programa de formación continua de fiscais Escola de verán do Ministerio Fiscal

12.500 €

14.6.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a execución do proxecto A axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación III

60.000 €

16.6.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Santiago de Compostela en materia de protección civil para a adquisición e dotación dun remolque de emerxencias e dunha tenda de campaña para atención ás emerxencias

20.000 €

20.6.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Mos para a execución do proxecto denominado Obras de pavimentación, climatización e impermeabilización no edificio da Asociación de Veciños de Dornelas

38.117,21 €

4.7.2022

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e mais a Deputación Provincial da Coruña relativo á Escola de verán do Poder Xudicial, programa de formación continua dos/das integrantes da carreira xudicial para o ano 2022

25.000 €

5.7.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro e as súas federacións veciñais, para o financiamento da programación e o desenvolvemento de actividades propias e gastos de funcionamento (Cogave)

64.996 €

15.7.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e a Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína) para a execución do Proxecto de transporte de axuda humanitaria a Ucraína

13.300 €

20.7.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Colexio de Avogados da Coruña para o desenvolvemento do programa experimental de mediación no ámbito penal na Coruña en 2022

10.000 €

1.8.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia (antes Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) e Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

50.000 €

1.8.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia (antes Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) e a Fundación UNICEF Comité Español, para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

50.000 €

1.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia (antes Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) e a Fundación UNICEF Comité Español, para resposta aos problemas de protección da infancia, incluída a violencia de xénero no distrito de acollida de refuxiados de Yumbe-Uganda

84.000 €

1.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello do Pereiro de Aguiar para a execución do proxecto denominado Recuperación de espazo degradado no contorno da urbanización de Monterrei

48.994,44 €

4.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e mais o Consello da Avogacía Galega para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do pacto de Estado contra a violencia de xénero

40.000 €

8.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e mais o Consello da Avogacía Galega para o desenvolvemento de accións de atención profesional a vítimas de violencia sexual no marco do pacto de Estado contra a violencia de xénero

258.000 €

8.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a Asociación España con ACNUR (o comité español do alto comisionado das nacións unidas para os refuxiados) para o proxecto de loita contra a violencia sexual e de xénero e a discriminación contra as mulleres na República Democrática do Congo-RDC

84.000 €

8.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a Asociación Comité Español da UNRWA (UNRWA España) para o proxecto Protección e atención fronte á violencia machista para as mulleres vítimas e superviventes de violencia de xénero dos campos de poboación refuxiada de Palestina na franxa de Gaza 2022

84.000 €

8.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para a realización do proxecto Urxencia alimentaria nos campamentos de refuxiados saharauís a causa da COVID-19 e distribución de kits de hixiene feminina 2022

100.000 €

8.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ordes para a execución do proxecto denominado Adquisición dun camión con destino a actuacións de protección do ambiente

64.000 €

9.8.22

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Arbo para a execución do proxecto denominado Melloras na eficiencia enerxética e reparacións na EDAR de Chan de Barcela

48.388,48 €

10.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de consolidación do I Plan estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao desenvolvemento 2022-2030 e consecución dos obxetivos de desenvolvemento sostible

100.000 €

10.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Mañón para a execución do proxecto denominado Brigadas de protección do ambiente e do espazo natural

23.367,10 €

12.8.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Rois para a execución do proxecto denominado Ampliación do abastecemento do Sisto a Chave de Ponte

15.000 €

31.8.2022

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no mes de abril do ano 2022

Convenio

Achega económica da consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración en materia de formación continuada da carreira xudicial entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia para o ano 2022

25.000 €

21.4.2022