Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53169

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación nos meses de maio a agosto do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Asociación Galega de Áridos para a asistencia dunha delegación do sector dos áridos de Galicia ao VI Congreso Nacional de Áridos.

24.5.2022

18.150,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Concello das Pontes de García Rodríguez para a construción dun centro loxístico no concello das Pontes de García Rodríguez.

6.6.2022

998.110,77 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Fundación Pública Artesanía de Galicia para a promoción e o desenvolvemento do sector artesanal galego.

1.7.2022

234.717,55 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Sociedade Pública Galicia Calidade, S.A.U. para o impulso e a promoción do selo Galicia Calidade durante o ano 2022.

1.7.2022

206.858,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Asociación Galega de Ceramistas para a realización de actuacións de fomento da sustentabilidade no sector da cerámica.

8.7.2022

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia 2022.

18.7.2022

690.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo para o financiamento da reparación e mellora da cuberta do pavillón 1 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

12.8.2022

194.674,33 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo para o financiamento de gastos relativos á realización de actividades de promoción no recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo-2022.

12.8.2022

138.147,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento das actuacións para o impulso da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia no ámbito local.

25.8.2022

100.000,00 €