Na actualidade, o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non foi aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.
O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.
Mediante a Orde da Consellería de Facenda, do 28 de marzo de 2019, publicouse o acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo).
O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de catro (4) meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo, sen que se realizase ningunha outra convocatoria para o recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.
As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo.
En vista do anterior, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución, presentadas nos meses de xullo e agosto do ano 2022, para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional, por estaren presentadas fóra do prazo establecido, e proceder á súa notificación.
De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte ao disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022
O Conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
NIF |
Apelidos |
Nome |
Data solicitude |
***6601** |
Pérez Rubio |
María Sofía |
26.8.2022 |
***6931** |
Villa Torres |
Arturo Jesús |
18.8.2022 |
***5562** |
Martínez Pedrosa |
José |
17.8.2022 |
***3474** |
Arcay Fernández |
Carlos |
16.8.2022 |
***1117** |
Pazos Rodríguez |
Rafael |
16.8.2022 |
***4095** |
Blanco Barros |
Peregrina |
28.7.2022 |
***5669** |
Villar Carril |
María Pilar |
28.7.2022 |
***2990** |
García Carreira |
María Pilar |
26.7.2022 |
***6077** |
Hermo Pérez |
José Javier |
28.7.2022 |
***4970** |
Valcárcel Neira |
Rocío |
6.7.2022 |
***0914** |
Arias Rodríguez |
María Luz |
6.7.2022 |
***7513** |
Díaz Piñeiro |
Paula María |
6.7.2022 |