Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53270

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2022 pola que se reaxusta o financiamento e se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social e se procede á súa convocatoria continuada e permanente ata o esgotamento do crédito (código de procedemento VI482F).

O 13 de xullo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social e se procede á súa convocatoria continuada e permanente ata o esgotamento do crédito (código de procedemento VI482F).

No primeiro parágrafo do punto primeiro do ordinal vixésimo oitavo da citada resolución sinálase que as axudas previstas nesa convocatoria se farán efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451B.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma (FCA): por importe de 567.156,00 euros con cargo á anualidade 2022; 1.400.000,00 euros con cargo á anualidade 2023; 2.100.000,00 euros con cargo á anualidade 2024; 2.500.000,00 euros con cargo á anualidade 2025 e 2.800.000,00 euros con cargo á anualidade 2026. Cando se asine o correspondente convenio co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a execución do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, os anteriores importes poderán ser reaxustados para seren financiados con cargo aos fondos finalistas do citado plan.

Así mesmo, o último parágrafo do ordinal vixésimo noveno da citada resolución establece, en relación cos importes do bono alugueiro das persoas beneficiarias das axudas do bono de alugueiro social ao abeiro de convocatorias publicadas con anterioridade a esta resolución, que se realizarán os correspondentes axustes contables en FCA: polo importe de 1.368.074,00 euros na anualidade 2022; 1.400.000,00 euros na anualidade 2023; 700.000,00 euros na anualidade 2024 e 300.000,00 euros na anualidade 2025.

O 7 de xullo de 2022 asinouse o convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025. O financiamento do convenio reaxustouse mediante o Acordo da Comisión bilateral de seguimento asinado o 14 de xullo de 2022, asignándose fondos finalistas do Estado para financiar o programa de axuda ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, persoas sen fogar e outras persoas especialmente vulnerables; concretamente, a dotación con cargo á anualidade 2022, que se destinaría ao financiamento desta convocatoria, é de 10.675.244,00 euros.

De conformidade co disposto no ordinal cuarto e no punto dous do ordinal vixésimo oitavo da Resolución do 1 de xullo de 2022, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria destas axudas para o exercicio 2022, con cargo a fondos finalistas do Estado do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, por importe de 864.770,00 euros.

Segundo. Reaxustar o financiamento previsto no primeiro parágrafo do punto primeiro do ordinal vixésimo oitavo e no ordinal vixésimo noveno da Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social e se procede á súa convocatoria continuada e permanente ata o esgotamento do crédito (código de procedemento VI482F), quedando o financiamento tras o reaxuste e ampliación da seguinte forma:

Financiamento inicial

Fondos propios da Comunidade Autónoma (FCA).

Aplicación 08.81.451B.480.1, proxecto 2022 00011

2022

2023

2024

2025

2026

567.156,00

1.400.000,00

2.100.000,00

2.500.000,00

2.800.000,00

Axustes do bono social ao bono alugueiro social prestación

1.368.074,00

1.400.000,00

700.000,00

300.000,00

Total FCA:

1.935.230,00

2.800.000,00

2.800.000,0

2.800.000,00

2.800.000,00

Financiamento tras o axuste e ampliación

Fondos finalistas do Estado do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 (FFE).

Aplicación 08.81.451B.480.1, proxecto 2022 00015

2022

2023

2024

2025

2026

1.875.244,00

1.400.000.00

2.100.000,00

2.500.000,00

2.800.000,00

Fondos propios da Comunidade Autónoma (FCA).

Aplicación 08.81.451B.480.1, proxecto 2022 00011

2022

2023

2024

2025

2026

924.756,00

1.400.000,00

700.000,00

300.000,00

Total FCA+FFE

2.800.000,00

2.800.000,00

2.800.000,00

2.800.000,00

2.800.000,00

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo