Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de setembro do 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021344AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivo do procedemento sancionador 2021344AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, de 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 20 de setembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021344AE-OU

X3486963W

Rúa A Filgueira, 32540 A Gudiña (Ourense)

20211006AE-OU

76731273F

Rúa Irmáns Fernández Álvarez, núm. 6, 3º esquerda, 32600 Verín (Ourense)

2021660AE-OU

44459626M

Lugar San Benito da Veiga, núm. 45, 32711 O Pereiro de Aguiar (Ourense)

2021666AE-OU

36112885X

Rivas, núm. 9 Crecente, 36420 A Cañiza (Pontevedra)

2021744AE-OU

44657692H

Augalevada, Marabilla, núm. 11 A 32826 Cartelle (Ourense)