Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021742AE-OU e cinco máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021742AE-OU e cinco máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 20 de setembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021742AE-OU

34948893W

Rúa Ramón y Cajal, núm. 9, 1º esquerda 32001 Ourense

2021759AE-OU

Y5549299B

Rúa Iglesias Alvariño, núm. 1 , 1º A 32004 Ourense

2021832AE-OU

34303609Y

Rúa Doutor Cabaleiro, núm. 2, 3º B 32005 Ourense

2021829AE-OU

Y8348156K

Rúa Doutor Cabaleiro, núm. 2, 3º B 32005 Ourense

2021986AE-OU

49706998L

Rúa Marcelo Macías, núm. 69, 4º A 32002 Ourense

2021985AE-OU

49706997H

Rúa Marcelo Macías, núm. 3, 1º C 32002 Ourense